Berremooooossssssss!!!!!!

Non volvo para queixarme. Tampouco para enviar  unha  mensaxe de resignación. Estou aquí de novo para animarvos á rebeldía.  Á rebelión. Á loita ideolóxica. Á resistencia. Á insurrección. Non temos que aguantar. Non queremos aguantar. Porque non somos bonecos nin monicreques. Temos voz, voto e, sobre todo, moita carraxe. O vaso está a piques de rebordar. Leva enchéndose dende que unha tropa de sicarios da Merkel alcanzaron o poder con crueis mentiras e ruíns promesas. Chegaron cun fouciño na man aniquilando todo tipo de dereitos e facéndonos crer que bastante tiñamos con seguir vivos. Tomaron por reféns os funcionarios facendo recaer sobre eles toda a culpa, a grandísima culpa, a puta culpa desta crise. Recortan as prestacións de desemprego co irritante e ofensivo argumento de incentivar a búsqueda de traballo. Suben o IVE, instauran o repago farmacéutico, exclúen os emigrantes da sanidade universal, embuten os nenos nas aulas, recortan as axudas para os coidadores, abaratan o despido,… Desfán, destrúen, arruinan, frustran, dilapidan, desesperan, anoxan… Basta xa! De resignación cristiana e de estoica paciencia. Os tempos son chegados. Saiamos hoxe á rúa a berrar e a reclamar xustiza. A berrar para que nos sintan. A berrar para desafogar e compartir a desesperación e a mala hostia. Para non sentirnos sós.

Hoxe a manifestación servirá para coller forzas. Para encher o peito de esperanza. Para sobrevivir á desgana e á indolencia. Señoras e señores, o poder reside en nós. Nas nosas mans. Na nosa voz. Por iso, BERREMOS!

Comments are closed.